Competencias e prácticas científicas no laboratorio de química: participación do alumnado de secundaria na indagación

Nesta tese examínase: a) o desenvolvemento da competencia científica de alumnado de secundaria a través da súa participación nas prácticas de planificación e posta en práctica de investigacións e de análise e interpretación de datos; e b) as estratexias docentes encamiñadas á transferencia de respon...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Crujeiras Pérez, Beatriz
Tipo de documento: Tesis doctoral
Fecha de publicación:2015
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Lenguaje:Gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/12072
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/12072
Nivel de acceso:Acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicos
Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580105 Pedagogía experimental
Descripción
Sumario:Nesta tese examínase: a) o desenvolvemento da competencia científica de alumnado de secundaria a través da súa participación nas prácticas de planificación e posta en práctica de investigacións e de análise e interpretación de datos; e b) as estratexias docentes encamiñadas á transferencia de responsabilidade ao alumnado na indagación. O estudo lévase a cabo ao longo de dous cursos consecutivos (3º e 4º de ESO) e consiste na realización de cinco tarefas de laboratorio cunha duración dúas sesións cada unha e dunha tarefa final de lápiz e papel. Nas tarefas de laboratorio o alumnado traballa en pequeno grupo e na tarefa final de forma individual. As sesións de laboratorio grávanse en audio e vídeo e posteriormente transcríbense. As transcricións resultantes utilízanse para a análise dos desempeños dos participantes. Os resultados apuntan a: a) un modesto progreso dos desempeños do alumnado nestas prácticas ao longo do estudo; e b) unha serie de estratexias docentes que son máis axeitadas para promover a participación do alumnado na indagación.